Banda Filharmónica Vigo / José Rafael Pascual-Vilaplana en San Miguel de Oia

Organiseren: filharmonica (, Bekijk je evenementen )

Despois da súa presentación en decembro de 2024, poderemos volver a desfrutar da Banda Filharmónica de Vigo, desta vez da man dun dos directores máis relevantes do panorama bandístico europeo, D. José Rafael Pascual-Vilaplana.

Natural de Muro (Alicante), este director e compositor ostenta na actualidade o cargo de director musical da Banda Municipal de Barcelona e da Banda Municipal de Bilbao e colabora con numerosas agrupacións ao redor do mundo.


Para este concerto o mestre Pascual-Vilaplana propón un programa titulado Bailando ao vento, no que se traza un percorrido a través de composicións inspiradas ou compostas para a danza como por Leonard Bernstein, Victoriano Valencia Miguel e Asíns Arbó.